Ir o contido principal
Información práctica

Festa da Lamprea Seca

Imaxe por defecto

Festa gastronómica que se celebra a segunda fin de semana de agosto na Carballeira de Turbela, en Arbo, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia desde 2022.

Nesas datas a vila convértese na «Capital Mundial da Lamprea». Nos postos habilitados baixo a sombra do arboredo pódese degustar a lamprea seca nas súas distintas variedades -asada, en empanada, rechea, con fideos- acompañada dos viños da D.O. Rías Baixas. O programa complétase con actividades como a Festa da Bicicleta, a Andaina da Lamprea Seca, a feira de artesanía e antigüidades, actuacións de grupos folclóricos e charangas, e un festival de cantos de taberna. Naceu como parte das festas patronais e foi adquirindo entidade propia.

place España