Ir o contido principal
Información práctica

As Pascuillas

Imaxe por defecto

Romaría da Virxe da Franqueira que se celebra o luns de Pentecostés no santuario da Franqueira, en A Cañiza, coñecida popularmente como «As Pascuillas».

Está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e atrae a milleiros de fieis de Galicia e do norte de Portugal. Destaca pola súa gran vistosidade: ata o santuario chegan distintas procesións procedentes das parroquias da Cañiza e de concellos veciños, portando cada unha a súa talla (virxes e santos) adornada con flores, cos seus pendóns e estandartes. Durante a xornada represéntanse as antiquísimas danzas da Franqueira e a loita entre o príncipe mouro e un devoto cristián, en lembranza dun milagre da Virxe.

place España