Ir o contido principal
Información práctica

Romaría de Santa Marta de Ribarteme

Imaxe por defecto

Romaría que se celebra cada 29 de xullo na parroquia de San Xosé de Ribarteme, en As Neves, declarada de Interese Turístico de Galicia.

Coñecida como a «Romaría dos cadaleitos» ou dos ataúdes. A súa singularidade reside en que, tras a misa solemne, algúns devotos que sufriron unha enfermidade grave ou un grave perigo son levados en procesión dentro de ataúdes portados por familiares para agradecer seguir con vida ou pedir un milagre, mentres outros camiñan cubertos cunha mortalla. A imaxe de Santa Marta, coa man dereita alzada en sinal de protección, acompáñase de San Bieito e a Virxe do Carme. É unha das romarías máis ancestrais e singulares de Galicia, expresión da relación do pobo coa morte e a fe.

place España