Ir o contido principal
Información práctica

PinchoTea

Imaxe por defecto

Ruta gastronómica de pinchos e tapas que se celebra en Ponteareas, impulsada pola concellería de Comercio para dinamizar a hostalaría local.

Durante varias semanas, os establecementos participantes ofrecen pinchos e tapas creados en exclusiva para a ocasión, a prezo popular, nas categorías de «cociña en miniatura» e «pincho taverneiro». A clientela dispón dun pasaporte que vai selando e coa que vota o mellor pincho e participa no sorteo de regalos, ceas, baños termais ou vales. Un xurado de profesionais do sector e do ámbito educativo concede os premios. É unha festa do padal que fomenta o encontro social.

place España