Ir o contido principal
Información práctica

Arabo

Imaxe por defecto

Arabo, Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, é un museo monográfico dedicado aos dous elementos identitarios de Arbo.

Atópase no edificio da antiga escola da vila, construída nos anos vinte grazas ás doazóns dos emigrantes en Cuba, e que hoxe conserva con orgullo a fotografía dos veciños que a sufragaron. Distribúese en tres plantas: na baixa, recepción e vinoteca con catas; na primeira, a historia de Arbo e das súas bodegas, integradas na D.O. Rías Baixas (subzona Condado do Tea); e na segunda, todo o relacionado coa lamprea e outras especies do Miño, mediante vídeos e paneis. Ofrece visitas guiadas gratuítas.

place España