Información práctica
Area do Río Deva
Área recreativa e praia fluvial situada en Arbo, na contorna do río Deva, xunto á ponte de San Xoán de Mourentán.
O lugar fórmase grazas a unha presa que mantén o nivel das augas na época de menos choivas, creando unha zona de baño moi concorrida no verán. Ao redor da praia disponse un bo número de mesas e bancos que convidan a gozar dunha xornada ao aire libre nun contorno natural agradable. É un dos espazos de lecer fluvial máis populares do municipio.
place
España