Información práctica
Pesqueiras
Construcións únicas situadas a ambos os lados do río Miño, en Arbo, formadas por sólidos sillares graníticos que se adentran no leito do río desde as dúas ribeiras.
A súa función era a captura de especies piscícolas como o salmón, a lamprea e o sábalo: os muros, chamados «poios», canalizan as correntes e deixan entre eles estreitos canellóns onde se colocaban redes cónicas. Documentadas xa no século XII, moitas remóntanse probablemente á época romana. Pódense coñecer a través dunha ruta interpretativa que parte da praia de Sela.
place
España