Información práctica
Ponte de Mourentán
Ponte histórica situada na parroquia de Mourentán, en Arbo, que salva o río Deva preto da súa desembocadura no Miño.
Construción de cachotería dun só van, con arco apuntado e rasante alombado, atópase no antigo camiño ou verea real que unía Tui, Arbo e Ribadavia. Está incluída no Inventario de Pontes Históricas de Galicia e foi obxecto de restauración pola Xunta de Galicia.
place
España