Información práctica
Praia fluvial do Miño
Praia fluvial situada na parroquia de Sela, en Arbo, ás beiras do río Miño, que neste tramo fai de fronteira natural con Portugal.
É un espazo de baño e descanso integrado nun contorno de gran valor paisaxístico e ecolóxico, próximo á ruta interpretativa das Pesqueiras. Desde a praia e o seu paseo fluvial pódese contemplar o discorrer do Miño e a beira portuguesa. Nas inmediacións atópase tamén o manancial de augas medicinais de Sela e a igrexa de Santa Mariña.
place
España