Información práctica
ENIL Barciademera
Espazo Natural de Interese Local (ENIL) das carballeiras do río Alén, na parroquia de Barcia de Mera, en Covelo.
Trátase dunha área fluvial na que priman dous hábitats: o bosque de ribeira de ameneiro e unha carballeira termófila na que predominan o carballo e o loureiro, con áreas integradas na Rede Natura 2000. A Xunta iniciou os trámites para a súa declaración como ENIL a partir dunha memoria elaborada polo concello, co fin de preservar os seus valores naturais e garantir a súa correcta xestión e conservación. Constitúe un dos espazos de maior valor ecolóxico do municipio, ligado ao conxunto patrimonial de Barcia de Mera.
place
España