Ir o contido principal
Información práctica

Favum

Imaxe por defecto

Centro de interpretación da cerería de Covelo, coñecido como Favum, «o lugar da cera».

Este espazo está dedicado a dar a coñecer o tradicional oficio do traballo da cera e da apicultura, de fonda raizame na zona, e a poñer en valor un patrimonio etnográfico ligado á vida rural e aos seus produtos. A través da súa exposición, o visitante achégase ao proceso de elaboración da cera e ao mundo das abellas, nun concello que destaca por ser o de maior patrimonio histórico da comarca. Favum complementa a oferta cultural de Covelo, xunto con outros recursos como o Serradoiro dos Carranos ou o Conxunto Abacial de Barciademera.

place España