Información práctica
Foxo do lobo
Antiga trampa para a captura de lobos situada na Serra do Suído, en Covelo, no lugar coñecido como Os Foixos, a uns 930 metros de altitude.
Coñecido como Foxo do Lobo de Campo, é unha construción ancestral en pedra formada por longos muros en forma de «V» de dobre converxencia —os laterais superan os 100 metros— que conducían os lobos cara a un foso. Nun dos seus extremos consérvase un chozo de pastor. O concello habilitou unha ruta de sendeirismo que chega ata el e ata o conxunto etnográfico de Bidueiros.
place
España