Información práctica
Observatorio nocturno e miradoiro Castelo do Faro
Miradoiro e observatorio situado no Castelo do Faro de Avión, en Covelo, a uns 1.150 metros de altitude, no teito da provincia de Pontevedra.
É un dos puntos da Rede de Observatorios Nocturnos e Miradoiros do Condado-Paradanta. Trátase dunha paraxe única na que gozar tanto de día, coas súas amplas vistas que se estenden ata Portugal e o Océano Atlántico, como de noite, grazas ás instalacións dispostas para a observación do ceo e as estrelas.
place
España