Ir o contido principal
Información práctica

Pasos de Lourido

Imaxe por defecto

Pasos ou poldras centenarios habilitados para cruzar o río Tea en Lourido, en Covelo.

Trátase de bloques de pedra intercalados e dispostos a unha distancia que permite atravesar o río a pé dunha beira á outra. Desde tempos remotos, ante a dificultade de construír pontes en certos lugares, habilitáronse estos pasos, que servían tamén para a pesca. A uns 600 metros río arriba atópase o manancial de augas mineromedicinais de Lourido, e moi preto, os antigos pasos de Casteláns. Xunto cos pasos de Tatín, son os máis coñecidos do Tea, e constitúen unha mostra do enxeño popular para vadear os ríos, posiblemente con orixes moi antiguas.

place España