Información práctica
Serradoiro dos Carranos
Antigo serradoiro hidráulico situado na parroquia de Maceira, en Covelo, considerado unha xoia do patrimonio industrial dos anos 20.
Construído en 1922, aproveitaba a forza motriz da auga para mover a serra e dedicábase principalmente á fabricación de carros. O conxunto consta de catro edificacións: o serradoiro, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e outro almacén. Conta cunha aula de interpretación.
place
España