Información práctica
Alto de Guillade
Miradoiro situado en O Coto Grande, no monte Chan da Porteira, na parroquia de Filgueira, en Crecente.
Desde este balcón natural gózase dunha panorámica espectacular dos meandros que o río Miño debuxa no seu camiño cara ao Atlántico. Na outra beira do río divísanse os concellos ourensáns de Padrenda e Cortegada, esta última recoñecida vila termal. É una das principais xoias paisaxísticas de Crecente.
place
España