Ir o contido principal
Información práctica

Miradoiro de As Fichocas

Imaxe por defecto

Miradoiro situado a uns 530 metros de altitude nunha ladeira do Monte da Serra, na parroquia de Filgueira, en Crecente.

Acondicionado en 2017 cun balcón de madeira sobre o val, ofrece unha fermosa estampa do frondoso val bañado polo Miño e cruzado polas dúas pontes de Filgueira. Conta cunha zona de aparcamento próxima e destaca pola diversidade e o colorido da súa vexetación ao longo do ano.

place España