Información práctica
Pozo do Inferno
Fervenza formada polo río Ribadil no lugar de Agra, na parroquia de Vilar, en Crecente.
O río discorre encaixado e salta un forte desnivel formando unha fermosa cascada e unhas fantásticas pozas. A zona foi acondicionada en febreiro de 2018 con pasarelas de madeira e o chamado Miradoiro do Pozo do Inferno sobre o propio río, e intégrase no Sendeiro de Vilar. Por ser afluente do Miño, o Ribadil forma parte do LIC que protexe o gran río e os seus afluentes.
place
España