Información práctica
Fonte da Gándara
Manancial de augas mineromedicinais situado en Mondariz-Balneario, baixo un elegante templete de estilo clasicista, obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios, de 1908. Descuberta por Enrique Peinador, a Fonte da Gándara está na orixe do esplendor termal da vila.
As suas augas, de composición carbogaseosa, bicarbonatado-cálcica e ferruxinosa, presentan un característico ton ferruxinoso e están indicadas en afeccións metabólicas, locomotoras, respiratorias e cardiovasculares, entre outras. Sempre hai un vaso ao lado para probalas. Constitúe un dos elementos patrimoniais e identitarios máis salientables de Mondariz-Balneario, ligado á cultura balnearia da Belle Époque.
place
España