Ir o contido principal
Información práctica

Fonte de Troncoso

Imaxe por defecto

Primeiro manancial de augas medicinais descuberto en Mondariz, na actual vila de Mondariz-Balneario, achado cara a 1862 polo crego Domingo Blanco Lage ás beiras do río Tea.

As súas augas, recoñecidas no século XIX polas súas propiedades medicinais, impulsaron o nacemento do famoso balneario que deu nome e proxección internacional á vila; en 1873, xunto coas da Gándara, foron declaradas de utilidade pública. O edificio que a acolle foi proxectado polo arquitecto Antonio Palacios. Considerada o corazón histórico e identitario de Mondariz-Balneario, é un elemento patrimonial de primeira orde, aínda que precisa de rehabilitación.

place España