Información práctica
Pasos de Tatín
Pasos sobre o río Tea situados na contorna de Sabaxáns e Outeirelo, en Mondariz.
Consisten en bloques de pedra colocados en fila e moi próximos uns doutros ao longo do leito do río, de xeito que permiten cruzalo a pé dunha beira á outra sen tocar a auga. Posiblemente de orixe romana, foron empregados historicamente para a pesca e como vía de comunicación. Na outra beira consérvase un muíño en bo estado. Hoxe o sendeiro fluvial do Tea que pasa xunto a eles ofrece un agradable percorrido pola natureza seguindo o curso do río, un dos referentes ecolóxicos da comarca do Condado.
place
España