Información práctica
ZEC Río Tea
Espazo natural protexido da Rede Natura 2000 que abrangue o río Tea, principal afluente da conca baixa do Miño, ao seu paso por Mondariz e outros concellos.
O Tea nace no monte Mancelo, na Serra do Suído, e percorre uns 50 quilómetros formando o límite natural entre varios municipios. Destaca pola pureza das súas augas, carentes de contaminación, pola súa abundante riqueza piscícola e pola beleza paisaxística das súas ribeiras, poboadas dun frondoso bosque de ameneiros, salgueiros e freixos.
place
España