Ir o contido principal
Información práctica

Ponte da Senra

Imaxe por defecto

Ponte situada no lugar de Pereiras, en A Senra, na parroquia de San Cibrán de Ribarteme, en As Neves, que atravesa o río Termes.

Trátase dunha construción en cachotería granítica dun só arco e lombo de mula, característica das pontes baixomedievais. Forma parte do Sendeiro dos Frades, antigo camiño cara ao santuario da Franqueira.

place España