Información práctica
Pousadoiro
Área recreativa situada na ladeira do monte de San Nomedio, no lugar de O Pousadouro, en As Neves, nun contorno natural e rural poboado por castiñeiros.
De construción recente, constitúe un lugar de parada e repouso no Camiño dos Frades, así como un punto habitual de descanso para quen practica sendeirismo ou participa na concorrida romaría de San Nomedio. Dotada de zona de mesas e bancos, complementa a oferta de espazos de lecer da contorna do monte de San Nomedio, un dos enclaves naturais, relixiosos e paisaxísticos máis salientables do municipio, certificado pola calidade do seu ceo nocturno.
place
España