Ir o contido principal
Información práctica

Praia de Santa Mariña

Imaxe por defecto

Área recreativa e praia fluvial situada na contorna de Santa Mariña, en As Neves, ás beiras do río Miño, que fai de fronteira con Portugal.

O espazo está acondicionado para o baño e o descanso e nel atópase a ermida de Santa Mariña, do século XVIII. Desde aquí parte unha Senda dos Pescadores que percorre a ribeira do Miño con boas vistas cara ao río, as súas pesqueiras, praias fluviais e antigas construcións que empregaban os carabineiros para vixiar a fronteira.

place España