Ir o contido principal
Información práctica

Cabalón

Imaxe por defecto

A Ponte do Cabalón sitúase na parroquia de Angoares, en Ponteareas, e debe o seu nome ao lugar de O Cabalón onde se atopa.

Cruza o río Uma, afluente do Tea, preto da vila. Trátase dunha ponte de tres ollos: o central, de maior luz, é un arco de medio punto; outro é apuntado; e o terceiro, adintelado, foi construído probablemente despois para dar paso á auga que chegaba ata un muíño próximo río abaixo. Conserva a calzada baixo a area e un tallamar contra corrente. A súa cronoloxía é incerta, pero o arco apuntado lévanos ao século XV, polo que sería unha ponte de orixe medieval.

place España