Información práctica
Fraga do Rei
Parque forestal situado na contorna do macizo de San Cibrao, en Ponteareas, formado por terreos do monte veciñal de Cristiñade.
O proxecto naceu en 2001 para poñer en valor este espazo para o uso e gozo de veciños e visitantes, acondicionándose con sendas para pasear, paneis interpretativos e unha área recreativa con mesas, bancos e asadores. O contorno, atravesado pelo río Maceiras, está rodeado dun frondoso bosque autóctono de carballos e castiñeiros. O último fin de semana de xullo acolle a Festa do Monte.
place
España