Información práctica
Museo Municipal
Museo Municipal de Ponteareas, situado nunha antiga fábrica de curtidos da familia Garra, na Rúa da Perillana.
Nos seus preto de 500 metros cadrados artéllase de forma cronolóxica un percorrido desde o Paleolítico ata a actualidade, con achados arqueolóxicos da comarca —destacando os do castro galaico-romano de Troña e o petróglifo de Chan de Gándara—, materiais romanos de Altamira-Taboexa e patrimonio medieval. Inclúe obras de artistas locais como Silverio Rivas e unha sala dedicada ás alfombras florais do Corpus. Desde 1998 acolle o Centro de Recuperación de Cultura Popular. As visitas son gratuítas.
place
España