Información práctica
Observatorio nocturno e miradoiro de San Cibrán
Miradoiro situado no Alto de San Cibrán, na parroquia de Guláns, en Ponteareas, no límite con Salceda de Caselas.
Destaca o seu marco de formigón orientado ao leste, desde o que se contempla gran parte da comarca do Condado: o val do Tea, a Serra do Suído, os montes de Portugal e o río Miño. Xunto a el atópase a curiosa formación rochosa do Penedo Pé de Porras. A poucos metros sitúase o observatorio nocturno sobre o parque forestal Couso-Guláns.
place
España