Ir o contido principal
Información práctica

Oficina de turismo de Ponteareas

Imaxe por defecto

Oficina municipal de información turística de Ponteareas, onde o visitante pode obter información sobre o concello e a súa contorna: lugares de interese, espazos naturais, monumentos, igrexas, museos, gastronomía e festas, así como sobre as propostas de ocio e turismo da localidade.

Ponteareas, coñecida como a «Vila do Corpus» polas súas célebres alfombras florais —declaradas de Interese Turístico Internacional— e como «Vila do Tea» polo río que a atravesa, ofrece un amplo abano de recursos. A oficina serve de punto de partida e apoio para planificar a visita a esta vila da comarca do Condado.

place España