Información práctica
Regato da Venda
Pequeno curso de auga de Ponteareas na contorna do cal se conserva patrimonio etnográfico ligado aos usos tradicionais da auga.
Á súa beira atópase un lavadoiro de forma rectangular e grandes dimensións, con lousas inclinadas para lavar nos lados longos e unha cuberta de tella e madeira sostida por dez columnas de granito. Os lavadoiros foron durante séculos espazos de traballo e de socialización, especialmente para as mulleres. O do regato da Venda foi obxecto de obras de rexeneración da súa contorna. Constitúe unha mostra da cultura popular e do aproveitamento da auga no medio urbano e rural de Ponteareas.
place
España