Información práctica
As rosquillas
As «Rosquillas de Ponteareas» son un doce tradicional que constitúe un dos sabores máis representativos da vila e que está rexistrado como marca na Oficina Española de Patentes e Marcas.
Elaboradas de forma artesanal polas confeitarías locais, forman parte da identidade gastronómica de Ponteareas, e o concello traballa pola súa posta en valor e visibilización, renovando periodicamente a titularidade da marca. Máis que un produto, as rosquillas son un símbolo da cultura repostera e das tradicións do municipio, presente nas festas e celebracións e moi apreciado por veciños e visitantes como recordo desta vila do Condado.
place
España