Ir o contido principal
Información práctica

Ruta dos Penedos

Imaxe por defecto

Sendeiro circular homologado (PR-G 120) de algo máis de 7,5 km e dificultade media-baixa que percorre o monte da Picaraña, na parroquia de Arcos.

A ruta visita máis de vinte penedos de formas e nomes suxestivos —O Penedo do Monxe, O Penedo da Caixa, a célebre Pena do Equilibrio ou a Pena dos Namorados— moitos deles ligados a lendas tradicionais. Combina riqueza forestal, formacións pétreas, xacementos castrexos e magníficas panorámicas.

place España