Ir o contido principal
Información práctica

SaboroTea

Imaxe por defecto

Ruta e concurso de almorzos que se celebra en Ponteareas, impulsada pola concellería de Comercio para promocionar a hostalaría local.

Co lema de descubrir combinacións saudables ao tempo que se saborea algo apetitoso, os establecementos participantes ofrecen, cada fin de semana durante a primavera, propostas de almorzo completas e saudables a prezo especial. O público pode degustalas e votar a súa favorita, a través dun código QR ou dun pasaporte, e optar a premios. Un xurado de profesionais da cociña e a hostalaría avalía creatividade, servizo, calidade e innovación.

place España

42.197118, -8.523118