Información práctica
Senda do Tea
Itinerario que percorre a ribeira do río Tea ao seu paso por Ponteareas, integrado no conxunto da senda fluvial do Tea.
A senda engloba dous espazos vexetais diferenciados: o bosque de ribeira dominado por ameneiros, salgueiros, freixos e bidueiros, e a vexetación forestal co carballo como especie autóctona principal. Parte do contorno da praia fluvial da Freixa e conecta con pontos de interese sinalizados no mapa do CITEA.
place
España