Ir o contido principal
Información práctica

Sendeiro fluvial do Tea

Imaxe por defecto

Sendeiro que transcorre xunto á ribeira do río Tea, afluente máis destacado da conca baixa do Miño e declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) da Rede Natura 2000.

O treito principal abrangue uns 12 km entre os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario e Ponteareas. Acondicionado con pasarelas de madeira e fontes, permite gozar dun fermoso bosque de ribeira con ameneiros, salgueiros e freixos.

place España