Ir o contido principal
Información práctica

Carballeira da Laxe

Imaxe por defecto

Fermosa carballeira de carballos centenarios situada nos Montes de San Cibrán, no barrio da Laxe, na parroquia de San Xurxo, en Salceda de Caselas.

Forma parte dun recinto propiedade da Comunidade de Montes de San Xurxo, cunha área recreativa duns 3.300 metros cadrados dotada de mesas de pedra, asadores, randeeiras e unha fonte. No seu interior consérvanse 21 carballos centenarios de gran porte, entre os que destaca un cerquiño que podería ser o máis lonxevo do concello.

place España