Información práctica
Curro do Pedroso
Rapa das bestas tamén coñecida como Curro do Faro, que se celebra o primeiro domingo de agosto en A Cañiza, organizada pola Asociación Caballar Pedroso de Ribadil.
A xornada comeza cedo coa subida ao curro e a baixada en tropel dos cabalos, eguas e poldros desde os montes do Faro, Chans da Cañiza e Laxa Moura ata o cercado, situado nun enclave natural de gran beleza. Alí procédese ao saneamento dos animais, á colocación de microchips, á marcaxe e ás compras e vendas entre os gandeiros, todo nun ambiente de romaría con música tradicional e gastronomía. Celebrouse por primeira vez en 1994.
place
España