Romaría da Virxe da Franqueira que se celebra o luns de Pentecostés no santuario da Franqueira, en A Cañiza, coñecida popularmente como «As Pascuillas».
Sendeiro circular homologado (PR-G 207) de 8 km que parte das inmediacións do Camping Carballo do Marco e percorre as parroquias de A Cañiza, Achas e Petán.
Sendeiro circular homologado (PR-G 206) de 7,7 km e dificultade baixa, con inicio no alto de Fontefría, xunto á estrada N-120, a uns 790 metros de altitude.
Considerada un dos castros máis grandes e singulares de Galicia, esta cidade castrexa localízase entre as parroquias de A Cañiza e Achas, no contorno do monte das Grades.
Pequena e curiosa capela en forma de baldaquino situada en Valeixe, en A Cañiza, que acolle no seu interior un cruceiro e un peto de ánimas datados entre os séculos XVI e XVIII.
Tamén coñecido como Pazo da Borza, é unha das casas señoriais máis salientables de Valeixe, parroquia que foi antano o centro neurálxico de A Cañiza e lugar de asento da nobreza local.
Rapa das bestas tamén coñecida como Curro do Faro, que se celebra o primeiro domingo de agosto en A Cañiza, organizada pola Asociación Caballar Pedroso de Ribadil.
Fonte histórica situada no centro de A Cañiza, construída en 1877 —como figura na lápida de mármore que a preside— para dar servizo aos carruaxes e viaxeiros que facían a ruta Vigo-Villacastín pola estrada aberta poucos anos antes, precursora da actual N-120.