Información práctica
Miradoiro de Montouto
Miradoiro situado no Alto do Montouto, a uns 940 metros de altitude, na parroquia de Achas, no límite entre A Cañiza e Covelo.
Forma parte da Rede de Observatorios Nocturnos e Miradoiros do Xeodestino Condado-Paradanta, e está acondicionado con bancadas de pedra e madeira, un planisferio astronómico e paneis interpretativos. De día ofrece amplas panorámicas da serra da Paradanta e os vales circundantes; de noite, grazas á escasa contaminación lumínica, convértese nun punto privilexiado para a observación das estrelas.
place
España