Información práctica
Pazo de Sarmiento - Valeixe
Tamén coñecido como Pazo da Borza, é unha das casas señoriais máis salientables de Valeixe, parroquia que foi antano o centro neurálxico de A Cañiza e lugar de asento da nobreza local.
Magnificamente conservado, forma parte do importante conxunto de pazos da parroquia —xunto co Pazo de Cucuruxo e o de Araújo ou «O Palacio»— que lembran o papel histórico que Valeixe xogou na zona.
place
España