Información práctica
Ruta Histórica Entre Abadías
Camiño medieval con máis de 800 anos de historia, recuperado e sinalizado conxuntamente polos concellos de A Cañiza e Melón.
Únese así o Mosteiro de Santa María de Melón (Ourense) co Santuario da Franqueira, nun percorrido duns 9,5 km de gran riqueza histórica e monumental. O trazado segue antigos camiños reais e atravesa aldeas como A Ponte, Curuxal e a carballeira do Barazal. Un itinerario silencioso, ideal para quen busca conectar natureza, espiritualidade e patrimonio rural.
place
España