Información práctica
Sendeiro do Río Ribadil
Sendeiro homologado (PR-G 272) de preto de 9,5 km que percorre as fragas do río Ribadil, curto afluente do Miño que nace en A Cañiza.
O itinerario, de carácter circular, discorre por un treito de augas claras e rápidas, salpicado de pequenas fervenzas e cunha exuberante vexetación de ribeira: ameneiros, salgueiros, freixos e avelairas. Toda a zona está incluída na Rede Natura 2000 (Baixo Miño).
place
España