Ir o contido principal
Información práctica

Festa do Churrasco

Imaxe por defecto

Festa gastronómica que se celebra en Covelo arredor do 25 de xullo, día de Santiago Apóstolo, integrada nas festas patronais do municipio.

No Campo da Feira ten lugar a gran churrascada, na que se preparan toneladas de churrasco de porco e tenreira, acompañado de pemento, pan e viño a prezo popular, que se reparte tanto neste espazo como nos locais de hostalaría. A xornada inclúe a misa solemne e procesión en honra a Santiago, acompañada pola Banda de Música de Mondariz, a Mostra de Produtos de Covelo e de Artesanía, e actuacións de charangas, grupos tradicionais e orquestras. Milleiros de persoas escollen Covelo para celebrar o día de Santiago nun gran ambiente festivo e gastronómico.

place España

42.231949, -8.363283