Ir o contido principal
Información práctica

Corpus Christi

Imaxe por defecto

A festa máis emblemática de Ponteareas, declarada de Interese Turístico Internacional en 2009 e Ben de Interese Cultural, celébrase o domingo de Corpus.

As rúas do centro amañecen tapizadas de espectaculares alfombras florais sobre as que pasa a procesión do Santísimo Sacramento. A tradición, documentada desde 1857, perdura grazas ao tesón da veciñanza, que durante a noite anterior traballa na confección dos tapices con pétalos, follas e sementes. Máis dun quilómetro de alfombras de gran colorido e beleza, auténtica obra de arte efémera, que enxalzan o esplendor do desfile, acompañado dunha choiva de pétalos lanzados desde os balcóns. As alfombras de Ponteareas son coñecidas en todo o mundo.

place España

42.1772, -8.511078