Ir o contido principal
Información práctica

Rock in Rio Tea

Imaxe por defecto

Festival de rock gratuíto que se celebra a comezos de xullo no Parque da Feira Vella, en pleno centro de Ponteareas, organizado pola asociación Rock in Río Tea.

Cunha traxectoria de máis dunha década, é un dos festivais gratuítos máis importantes de Galicia, cun cartel que combina grupos consagrados do rock, o punk e o rap con bandas emerxentes. Destaca o seu Concurso de Bandas, que permite a grupos noveis darse a coñecer e compartir escenario con músicos recoñecidos, e a participación dos alumnos da Escola de Rock CDM, que abren o festival. Complétase cunha zona gastronómica e mercado artesán, nun ambiente familiar e de apoio ao talento local.

place España

42.174299, -8.506983