Ir o contido principal
Información práctica

Festa dos Callos

Imaxe por defecto

Festa gastronómica que se celebra en Salceda de Caselas desde 1993, o primeiro domingo de setembro, na Praza do Concello.

É un evento moi consolidado que atrae a máis de 20.000 persoas de toda Galicia e do norte de Portugal para degustar este prato típico, no que traballan máis de medio cento de persoas voluntarias. Vai ligada á tradición, aínda viva, de tapear callos nos establecementos da vila os mércores, día de mercado. A exaltación gastronómica complétase cunha fin de semana de actos culturais, como o Serán dos Callos e o Concurso de Charangas.

place España

42.098176, -8.554708