Información práctica
A Canuda
Gran parque-xardín situado a escasos metros da fortaleza de Salvaterra de Miño, ás beiras do río Miño, considerado un dos maiores parques públicos de Galicia, cunha extensión que supera os 100.000 metros cadrados.
No seu interior alberga un xardín botánico, un lago con barcas, paseo fluvial, piscinas e numerosas instalacións deportivas e de lecer. O paseo fluvial enlaza coa illa de Fillaboa e coas rutas de sendeirismo polas ribeiras do Miño e do Tea.
place
España