Pequena ruta interpretativa que transcorre por un sendeiro á beira do río Tea, visitando varias pesqueiras como a do Puntal do Canelas e a da Raña de Remolinos.
Recinto amurallado de preto de 9.700 metros cadrados situado ás beiras do Miño, na vila de Salvaterra de Miño, fronte á localidade portuguesa de Monção.
Gran parque-xardín situado a escasos metros da fortaleza de Salvaterra de Miño, ás beiras do río Miño, considerado un dos maiores parques públicos de Galicia, cunha extensión que supera os 100.000 metros cadrados.
Miradoiro situado en Salvaterra de Miño desde o que se contempla o río Miño en toda a súa plenitude e a veciña vila portuguesa de Monção, na outra beira.
Escultura situada no paseo fluvial de Salvaterra de Miño, entre o Parque da Canuda e a Illa de Fillaboa, que representa a lamprea, peixe emblemático da gastronomía e a cultura do Baixo Miño.
Ponte baixomedieval de orixe romana sobre o río Tea, entre as parroquias de San Lourenzo de Salvaterra e San Miguel de Cabreira, en Salvaterra de Miño.