Información práctica
Escultura da Lamprea
Escultura situada no paseo fluvial de Salvaterra de Miño, entre o Parque da Canuda e a Illa de Fillaboa, que representa a lamprea, peixe emblemático da gastronomía e a cultura do Baixo Miño.
Foi realizada polo alumnado do Ciclo de Grao Medio de Soldadura e Caldeirería do Centro de FP de Salvaterra de Miño, que a construíron ao longo de catro anos. A peza pon en valor o ciclo vital deste arcaico peixe, que tras pasar a súa mocidade no mar regresa a este tramo do río para desovar. Intégrase no percorrido fluvial que o concello acondicionou para destacar os elementos etnográficos singulares da ribeira do Miño.
place
España